(I) En triste día, señora, vos vin, para min e para cantos me queren ben, e, por Deus, señora, (pídovos) que iso non vos cause pesar, e direivos canto perdín por vós: perdín o mundo e púxenme a mal con Deus e condeneime con estes ollos meus, e os meus amigos pérdenme, señora, a min.
(II) E, miña señora, en mal día nacín eu por todo este mal que me por vós vén, pois por vós perdín todo isto e a cordura, e quixera morrer e non morrín, porque me non quixo Deus deixar morrer para me facer sufrir maior coita polo moito mal que lle eu merecín.
(III) E da miña coita, aínda que vos incomode, señora, un pouco vos falarei, porque non sei se vos verei de novo, (pois) tanto me vexo en gran coita andar que morrerrei por vós, certamente: reparade, señora, non vos pareza mal, pois eu non vos veño rogar polo meu (proveito).
(IV) E tamén vos quero agora aconsellar, abofé, o mellor que eu sei; ponde atención ao que vos direi: quen me vos así vexa desamparar e morrer por vós, logo que eu morto for, tan ben vos chamará «traidora» por min como a min por vós se eu vos matase.
(1) E de tal consideración vos garde Deus, señora e luz destes ollos meus, se vós diso non vos quixerdes gardar.