(I) O outro día, en San Salvador, vin o meu amigo, que me ama moito, e nunca houbo muller máis coitada do que o fun eu, segundo creo, pensando, amiga, en que era melhor: se o matar ou se lle facer ben.

(II) El está tan coitado de amor por min que morrerá se non obtén o meu ben; e eu vino alí e –como vos diría?– houben morrer por iso, pensando, amiga, en que era melhor: se o matar ou se lle facer ben.

(III) Meu é o poder, pois son dona de facer del o que a min me praza; mais el estivo alí tan coitado que non me foi necesario iso para nada, desde que o vin, pensando, amiga, en que era melhor: se o matar ou se lle facer ben.