(I) En tal disputa, como nunca outra eu vin, vin a don Fulano con súa nai estar; e porque os vin a ambos porfiar, achegueime a el e díxenlle alí mesmo: «Cedede a canto vos diga, pois non tendes necesidade de porfiardes con vosa nai, e menos dese xeito».
(II) E díxome el: «Sempre tivemos isto por costume eu e miña nai, para o noso solaz: porfiarmos naquilo que nos prace; e cando eu me escuso de porfiar alporízase comigo e dime o que vos direi: “Se non porfías heite maldicir para que sexas por sempre maldito e condenado”».
(III) E dixen eu: «Señor, non vos está ben, senón moi mal, o porfiardes con vosa nai»; e dixo el: «Non me importa, pois ela considérao de proveito para si; porque se eu lle digo “Teño outra cousa que facer”, polas boas ou polas malas outro tanto me ha de dicir: ao cabo, convenme porfiar.
(1) E palabras non han de faltar (na disputa); mais tanto habemos de estar porfiando de noite, que será mediada ou case».