(I) No adro da igrexa, en Vigo, bailaba corpo belido.
–Teño amor!
(II) En Vigo, no adro da igrexa, bailaba corpo delgado.
–Teño amor!
(III) Bailaba corpo delgado, que nunca tivera amado.
–Teño amor!
(IV) Bailaba corpo belido, que nunca tivera amigo.
–Teño amor!
(V) Que nunca tivera amigo, agás no sagrado, en Vigo.
–Teño amor!
(VI) Que nunca tivera amado, agás en Vigo, no sagrado.
–Teño amor