(I) Ese case nada que eu hoxe falei coa miña señora agradecinllo a Deus, e un gran pracer experimentaron os meus ollos; mais do que dixen teño gran pavor, porque me tremía de tal forma o corazón que non sei se llo dixen, se non, (II) tan grande foi o pracer que eu tiven de lle dicir a moi gran coita que sufro e sufrín por ela! Mais en infeliz día nacín se eu hoxe non llo fixen comprender, porque me tremía de tal forma o corazón que non sei se llo dixen, se non, (III) porque eu nunca falei coa miña señora agás hoxe, moi pouco, e direivos outra cousa: non sei se llo dixen ben se mal; mais teño gran pavor do que dixen, porque me tremía de tal forma o corazón que non sei se llo dixen, se non.
(1) E aquel a quen moito treme o corazón nunca ben pode acabar a súa explicación.