(I) Estes meus ollos nunca perderán, señora, a gran coita mentres eu estiver vivo; e direivos, miña fermosa señora, a coita que estes meus ollos teñen: choran e cegan cando alguén non ven, e agora cegan por alguén que ven.
(II) Disposto está que nunca perdan a coita os meus ollos e o meu corazón, e estas coitas, señora, miñas son; mais os meus ollos, por ver alguén, choran e cegan cando alguén non ven, e agora cegan por alguén que ven.
(III) E nunca xa poderei ter ben, porque Amor non quere nin quere Deus; mais estes infelices ollos meus morrerán sempre por ver alguén: choran e cegan cando alguén non ven, e agora cegan por alguén que ven.