(I) Estes que agora están aquí, madre, din que o meu amigo está tolo; non pensedes que o digo por outra cousa, mais creo que, se me visen, non terían por tolo ao meu amigo, madre, e (pensarían) que por min enlouqueceu.

(II) E os que din que perdeu a razón por min, madre, non me falarían mal se soubesen como é; e sei eu outra cousa, despois de que me visen: que nunca por iso terían por tolo ao meu amigo, madre, e (pensarían) que por min enlouqueceu.

(III) E aqueles que din que está louco por culpa miña, así Deus me perdoe, cada un deles no seu pensamento, se me visen, nunca, abofé, terían por tolo ao meu amigo, madre, e (pensarían) que por min enlouqueceu.