(I) Destes que agora din, miña señora, que saben que vos amo eu moito, pois diso nunca nada souberon por min, quería agora saber por quen o puideron eles saber, pois vós nunca mo quixestes crer, (II) porque, miña señora, sempre eu o ocultei canto máis puiden, así Deus me perdoe, e din agora cantos aquí están que o saben; mais como saberei por quen o puideron eles saber, pois vós nunca mo quixestes crer?