(I) Estraña vida vivo hoxe, señora, máis das que viven todos cantos están no mundo, por vivir causándovos pesar a vós e por eu non ter xa desexo de ningunha outra cousa agás da morte, para así vos quitar o pesar a vós e o moi gran mal a min, e por me facer Deus, morrendo, vivir (II) en tal vida como me ouvides dicir: vivo eu, señora, causándovos pesar a vós e mal a min propio, e Deus non me quere dar siso nin poder ningún para deixar de causalo; e, miña señora, aínda que o meu mal é grande, vede o que me resulta máis doloroso que calquera outra cousa: o pesar que vós sufrides por iso, (III) de onde a min, señora tanto mal me vén, podendo Deus quitarme todo este mal por medio da morte, que non quere concederme porque sabe que me ten máis morto mentres vivo, pois iso para vós é pesar. Canto mal, miña señora, hai en tal vida? Non o sei dicir!