(I) Eu fixen unha loucura como nunca fixo unha muller –aínda que pensei que facía algo asisado–, en relación co meu amigo que me ama; e foi unha loucura, pois el tanto me ama, que sempre o desdeñei e non pode saber el nada dos meus sentimentos, (II) pois nunca de min puido entender outra cousa, e con esa coita se foi de aquí, e fixo unha loucura, nunca tal loucura vin, por causa de que o fixen, e síntome mal por iso, que sempre o desdeñei e non pode saber el nada dos meus sentimentos.

(III) Por lle causar coita para coñecer ben os seus sentimentos, que eu xa coñecía, fun cautelosa de máis sempre, e (iso) será causa de mal para min, pois eu moi mal obrei, que sempre o desdeñei e non pode saber el nada dos meus sentimentos.