(I) Pensei eu, cando Deus me fixo ver esta señora, contra quen non me axuda, que nunca me viría mal dela, tan fermosa a vin ser e falar calma e docemente e tan ben, e de tanta honra e de tan bo xuízo que nunca dela pensei recibir mal.
(II) Isto pensei eu que me había de axudar en relación con ela, e todo agora me falla, e tamén Deus, e vivo en tal coita cal poderedes moi axiña entender coa miña morte, pois morro e práceme iso, e outra cousa me prace: que non saben por quen
(III) Aínda que eu vos queira contar todo o seu ben, non sei, a pesar de que convosco nunca falei doutra cousa; mais fíxoa Deus tal como El mellor soubo no mundo facer, (e) aínda vos direi outra cousa que lle acontece: todas as outras donas non son nada en comparación con ela nin o han ser.
(1) E a esta dona, mentres non o souber, non a poden Deus nin tampouco as xentes, se non houber unha inxustiza, culpar.
(2) Mais a miña ventura e estes meus ollos teñen niso moi gran culpa, e Deus, que me fixeron tal dona ver.