(I) Eu, (que estou) moi aflixido, non acho unha boa razón para poder ir a onde está a miña señora, e, aínda que teño un gran desexo de ir alí, non vou alí, e hai moito tempo que non fun alí e por isto me pasa tal: para que non saiban a quen amo.
(II) E eu non acho unha boa razón (para ir alí) e é por isto: porque teño que ser cauto e recear que mo saiban; mais morro por vela, e xa hai moito tempo, abofé, que non fun alí e por isto me pasa tal: para que non saiban a quen amo.
(III) Por isto eu non podo achar unha razón para a ver nin sei que facer, e sendo así máis me valería morrer, pois tanto tempo hai xa, así Deus me ampare, que non fun alí e por isto me pasa tal: para que non saiban a quen amo, (1) nin o saberán mentres eu tiver siso, pois gardo para min a quen amo.