(I) Eu son tan amador da miña liñaxe que non sei querer mellor outra cousa do mundo que unha miña parenta que teño; e quen ama a súa liñaxe penso que obra xusta e sensatamente, e eu sempre amarei a miña.

(II) E sempre eu farei servizo e amor á miña liñaxe: mentres eu viva servirei esta parenta, que amo máis que outra cousa, e moito servizo pode esperar de min, se eu puider (servila), e poderei.

(III) Porén, nunca vistes unha muller facer tan pouca cousa pola súa liñaxe, pois non quere pensar no meu caso; e poderíame ser moi proveitoso, por Deus, e non lle custar a ela nada dos seus bens.

(IV) E vede se me é de proveito amar tal parenta, que me hei ter de queixar se lle quixer pedir algo ou vela (porque non mo concederá); mais, se me quixese dar algo tal parenta faríame ser máis apreciado e valer máis.