(I) Falei o outro día coa miña señora e díxenlle o moi grande amor que lle teño e cantas coitas levei por ela e canto afán sufro polo seu amor: ficou sañuda, nunca tanto a vin, e foise e nin sequera quixo ollar para min, e despois nunca máis falei con ela.

(II) Mentres falaba con ela doutras cousas, eu nunca vin unha muller falar tan ben coma ela, e despois de lle dicir a coita e o pesar que por ela sufro, e o moi gran mal, ficou sañuda e olloume con desdén; e desde entón non ousei dicirlle nada nin ela quixo nunca ollar para min.

(III) E moitas veces eu ouvín dicir: «calquera, se ten coita, dálle as costas»; e eu dubidei disto xa hai moito tempo; mais, porque me vexo vivir con coitas, díxenlle o ben que lle quero, e entón censuroume por iso de xeito que nin sequera me quixo falar: e que vai ser de min?