(I) Falei un día, por discutir co meu amigo, con outro onde el me vise, e direivos o que lle dixen cando el me preguntou por que lle fixera tan gran pesar: «Se vos niso, meu amigo, causei pesar, non foi por nada senón porque quixen».

(II) Por discutir con el, e non por outra razón, falei con outro con intención de poñelo a proba, e pesoulle máis ca se o matase e preguntoume e díxenlle eu entón: «Se vos niso, meu amigo, causei pesar, non foi por nada senón porque quixen».

(III) Alí onde eu diante del falei con outro preguntoume el por que lle facía un pesar tan grande ou se tiña amores con el, e direivos como lle respondín airosa: «Se vos niso, meu amigo, causei pesar, non foi por nada senón porque quixen».