(I) Faloume hoxe o meu amigo moi ben e moi humilde da gran beleza que eu teño, amiga; mais isto vos digo: que non lle dei resposta que fose do seu agrado.

(II) Díxome el, amiga, todo o que eu mellor ca el sabía: que canta beleza eu tiña era toda a causa do seu quebranto; porén sabede isto: que non lle dei resposta que fose do seu agrado.

(III) Díxome el: “Señora, sabede que a vosa fermosura me provoca un mal sen medida, por iso tende compaixón de min”; mais, amiga, sabede o seguinte: que non lle dei resposta que fose do seu agrado.

(1) E foise el por iso tan coitado que xa comezo a estar preocupada.