(I) Fixen o meu cantar e louvei a miña señora máis que cantas outras mulleres eu vin, e, se por isto teñen queixa de min as outras mulleres ou me teñen desamor, teñan de seu quen fale ben delas e a quen fagan moito mal por iso, porque así me fai a min a miña señora (II) e máis fermosa dona e mellor de cantas hoxe eu coñezo, sen dúbida, e vexan o que farán, porque é así; e, se por isto me teñen desamor, teñan de seu quen as louve e entón nunca por iso lles fagan outra cousa agás mal, pois a min a miña (señora) non me fai cousa mellor.

(III) E se eu teño gusto en a louvar non teñen por que se enfadar comigo; mais teñan tamén de seu quen as louvar e a quen teñan desamor como a min me fai aquela que eu xa sempre louvarei: sei ben que non ten ningún desexo de me facer ben, (IV) porque, se algún ben me quixese facer, algo diso me faría xa entender desde que a tomei por señora.