(I) Foise o meu amigo para a corte do rei e, amigas, co grande amor que lle teño, cando el voltar, eu xa morta estarei; mais non lle digan que morrín deste xeito, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.

(II) De ningunha maneira podo evitar morrer cedo e con gran sufrimento; e, amigas, cando el chegue aquí, que non saiba por vós que morte sufrín, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.

(III) Eu morrerei cedo, se Deus quixer; e, amigas, cando el aquí chegue, quen lle diga a morte que tiven desde o momento en que non o vin cometerá desmesura, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.

(IV) Xa non podo librarme da morte; mais, cando el regrese para me ver, non lle digan como el me fixo morrer antes de tempo ao marchar de aquí, porque, se souber como morrín por el, a súa vida será moi curta desde entón.