(I) Foise o meu amigo de aquí o outro día coitado e sañudo, e eu non souben que se ía; mais xa que o sei, e por Santa María, que farei eu, louzá?
(II) El quixo falar comigo e non tivo oportunidade, e foise de aquí sañudo e moi coitado, e nunca despois o vin a el nin un recado seu: e que farei eu, louzá?
(III) Quen lle dixese agora o moi triste que eu estou e canto eu hoxe, fermosa, desexo falarlle e velo! E pois non o vexo, que farei eu, louzá?