(I) Fóstesvos, meu amigo, de aquí o outro día sen volo eu mandar, e agora teño que volo perdoar porque viñestes chorar ante min? E, canto a isto, que sexa agora así, mais non vos afagades a iso outra vez.

(II) O meu desexo era non vos perdoar porque vos fostes sen o meu permiso, e agora obtedes perdón porque me viñestes pedir mercé, e non quero xa ir alén disto, mais non vos afagades a iso outra vez, (III) porque, se agora vos perdoei, foi a mesura a que mo fixo facer, pois viñestes chorando e dicindo «por Deus, mercé, mercé, señora»; e, canto a isto, agora soportareino, mais non vos afagades a iso outra vez.