(I) Fóstesvos, meu amigo, de aquí sen o meu permiso e non quixestes falar cousa ningunha comigo, mais hoxe, ao volver, se non fose pola miña mesura, non me veña ben nunca de Deus nin de onde hoxe me vén se eu consentira en vos ver, (II) porque vos fostes sen o meu permiso e sei que me pesaba moi de corazón; e, meu amigo –Deus non me perdoe–, se non fose pola mesura que teño, que non me veña ben nunca de Deus nin de onde hoxe me vén, se eu consentira en vos ver (agora) (III) –San Salvador sabe que é así!–, porque vos fostes contra a miña vontade e, cando me viñestes ver hoxe, se non fose por mesura, sen dúbida, non me veña ben nunca de Deus nin de onde hoxe me vén se eu consentira en vos ver.