(I) Funlle meter man o outro día a unha soldadeira na cona, e díxome ela: –«Quitade de aí, Don [...] pois non é de Noso Señor esta a paixón, senón de min, pecadora, polo moito mal (castigo) que eu de Deus merecín».
(II) Cando comezastes con tal querela, ben entendín que non era de Deus aquel son, pois os seus acordes fincáronse no meu corazón de tal xeito que alí mesmo pensei morrer, e dixen así: –«Señor, bieito sexas, que me fas padecer este martirio por Ti!»
(III) Ben quixera eu fuxir logo de alí, e non vos sería sen razón, por medo de morrer e non doutra cousa, mais non puiden, por causa do gran padecemento que sufrín, e dixen: –«Deus, meu Señor, sufro esta paixón por amor a Ti, pola que Ti sufriches por min».
(IV) Nunca, desde o día en que nacín, fun tan coitado, Deus me perdoe; e con pavor comecei logo esta oración e dixen a Deus así: «Fel e acedo bebiches, Señor, por min; mais moito peor é isto que por Ti bebo e recibín.
(1) E por iso, ai Xesús Cristo, Señor, no Xuízo, cando estea diante de Ti, lémbreche isto que por Ti padecín».