(I) Agradezo a Deus que me vexo morrer antes de que me soubesen máis do meu mal, pois máis que ningunha outra cousa receei que mo soubesen; e a respecto dos que pensan que saben máis diso, práceme moito porque nada saben de que morro nin como nin por quen.
(II) Tiña pavor de se decataren do que eu sei no meu corazón; mais xa que morro, así Deus me perdoe, a respecto dos que vivan, despois de eu morrer, práceme moito porque nada saben de que morro nin como nin por quen.
(III) Aínda que choraban estes meus ollos con gran coita, sempre calei, que nunca dixen unha cousa que sei; mais, como queira que mo resolva con Deus, práceme moito porque nada saben de que morro nin como nin por quen.
(1) E considero que Deus me fai ben niso porque a miña coita non forzou o meu xuízo.