(I) Gran coita sufro e vouna ocultando, porque non quixo Deus que sufrise coita de que eu ousase falar mentres vivise, e por isto estou marabillado de como vivo en tan gran coita como hoxe eu vivo.
(II) E (por) esta coita, en que estou pensando sempre desde que me deito, despois de me erguer tampouco é posíbel que pense en ningunha outra cousa, e por iso estou marabillado de como vivo en tan gran pena como hoxe eu vivo.
(III) Sei ben que ninguén entende sequera a coita que sufro e o coitado que vivo eu agora, nin naceu home que o soubese e que por iso non fose marabillado de como vivo en tan gran pena como hoxe eu vivo.
(1) E non o ouso dicir, infeliz de min; por riba, desexo a miña morte, e vivo.