(I) En mal día naceu, señora, quen tivo que se afastar de vós como eu de vós me afastarei, e se viu na obriga de vos amar e de vos servir. Agora, cando me vaia lonxe de vós, vivirei sen gusto.

(II) En tal coita me vin, señora, que nin sequera me atrevín a vos falar diso; vós, por diversión e por gusto, habiádesme de matar, pois non me quixestes ollar nin preguntar por que sentía tal pavor, (III) xa que nin sequera me atrevín a vos dicir a causa por que fora alí onde vos achei, e temín máis causarvos pesar por iso ca morrer, como agora por vós morrerei; e vexo que fixen un mal negocio porque antes non morrín logo alí, (IV) pois hei de sufrir unha coita moito maior, señora, cando eu reciba e teña o voso desamor: cerrarei este xogo convosco e serei voso (servidor) mentres eu viva, e procurarei o xeito de levar o voso desamor.

(V) Mentres vos eu puider servir obterei (a cambio) o voso desamor, pois eu non hei fuxir de vós, nin tomarei outra señora pola que me poida afastar de vós; mais deixareime matar por vós, pois non vexo outra saída.