(I) Foise o meu amigo de aquí e non me quixo ver antes, e Deus me tire a fermosura e canto ben hai en min se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo.
(II) E coida el que o quererei máis por isto que me fixo; mais sexa el logo o señor e eu súa, que non serei, se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo.
(III) Para que vise eu que eu non lle importaba nada, non se despediu de min cando marchou da terra; mais logo lle queira eu ben se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo.
(IV) E verá moi ben o meu amigo en que resultará esta vez canto agora el fixo, pois así fique eu no seu poder se el vén e eu non me vingo cando el queira falar comigo, (1) pois non lle quererei escoitar nada do que me el queira rogar.