(I) Quérese ir o meu amigo, e eu non me sei vingar del; e aínda que está a mal comigo, se eu me asaño con el, cando el me vexa irada non ousará irse de aquí.

(II) Quérese el ir cedo para non me facer compañía, mais, aínda que non ten medo do mal que lle faga a miña saña, cando el me vexa irada non ousará irse de aquí.

(III) Foi el rezar o outro día a San Servando coa idea de se ir de camiño xa de aquí; mais, se me eu vou asañando, cando el me vexa irada non ousará irse de aquí.