(I) Querédesvos ir de aquí, amigo, por me causar pesar, e, xa que vos queredes afastar de aquí, vede o que vos digo: apartade ben o corazón de min e ídevos entón.
(II) E, xa que vos ides, sabede que nunca sentín unha pena maior, e, xa que queredes marchar de aquí, vede o que debedes facer: apartade ben o corazón de min e ídevos entón.