(I) Querédesvos ir, amigo, de aquí e dicídesme que eu dispoña as cousas para que faledes antes comigo; e, meu amigo, dicídeme agora unha cousa: como farei eu tan gran pracer a quen me quere facer tan gran pesar?

(II) Rogádesme vós moi de corazón que fale convosco, certamente, e querédesvos ir, amigo, de aquí; mais dicídeme agora, así Deus vos perdoe: como farei eu tan gran pracer a quen me quere facer tan gran pesar?

(III) Queredes que vos fale, se puider, e dicides que vos queredes ir; mais, así Deus vos deixe vir cedo, dicídeme, amigo: se eu o fixer, como farei eu tan gran pracer a quen me quere facer tan gran pesar?