(I) Querédesvos ir, amigo, de aquí, e pésame por iso, así me valla Deus, e pésame por estes ollos meus e porque sei que vivirei así como vive quen ten coita de amor e quen non ten gusto nin de si nin de ningunha outra cousa.

(II) Desde que vos fordes, xa non hai remedio, por Deus, amigo, que farei eu? Porque eu non coñezo outro remedio para min agás vivir, mentres viva, como vive quen ten coita de amor e quen non ten gusto nin de si nin de ningunha outra cousa.

(III) Esta partida, amigo, éme tan dolorosa que non volo sabería explicar; mais, xa que niso non se pode facer outra cousa, se vivo, vivirei, sen dúbida, como vive quen ten coita de amor e quen non ten gusto nin de si nin de ningunha outra cousa.