(I) Querédesvos ir, amigo, e sufro por iso un gran pesar, porque me facedes andar triste por vós, eu ben volo digo, pois sen vós non hei de ver, amigo, nada onde eu poida encontrar pracer: e como hei, sen vós, ver nada onde eu poida sentir pracer?
(II) E aínda vos direi outra cousa, xa que vós vos queredes ir, meu amigo, e afastarvos de min: perdín toda a miña felicidade, pois sen vós non hei de ver, amigo, nada onde eu poida encontrar pracer: e como hei, sen vós, ver nada onde eu poida sentir pracer?
(III) Chorarán estes meus ollos pois vos ides contra a miña vontade, porque estades moi irado comigo; mais ficade comigo, por Deus, pois sen vós non hei de ver, amigo, nada onde eu poida encontrar pracer: e como hei, sen vós, ver nada onde eu poida sentir pracer?
(1) A San Servando irei dicir que de vós me mostre pracer.