(I) Querédesvos ir e non teño poder, por Deus, amigo, para volo impedir, e, se ficardes, quérovos dicir, meu amigo, o que vos darei a cambio: os días que non pasastes pracenteiramente, eu volos compensarei.

(II) Se vos fordes, sufrirei a maior pena que sufriu ningunha muller polo seu namorado, e, se ficardes polo meu amor, direivos o que vos farei por iso: os días que non pasastes ao voso gosto, eu volos compensarei.

(III) Ídesvos e desprezádesme e eu fico moi coitada por iso, e quedade por min, que vos convén, e direivos o que vos farei por iso: os días que non pasastes ben, ai meu amigo, eu volos compensarei.