(I) Xa eu de aquí en diante non teño por que temer nada de Deus, porque xa ben sei del que nunca me pode facer mal mentres eu viva, aínda que (El) ten gran poder, porque ben axiña me tirou todo canto ben que eu esperaba no mundo, e por iso sei eu que non me pode facer mal, (II) pois foime quitar tan boa señora cal El xa no mundo non fará outra nin xa no mundo non pode ter par; e quen esta (dona) viu xa non verá ningunha tan doce nin tan fermosa nin de tan bo xuízo, pois a esta non lle faltaba cousa ningunha de todo canto ben unha muller debía ter.

(III) E, pois tan boa señora fixo morrer, xa ben sei eu que non me fará mal; e, dado que eu xa non hei recibir mal del e a gran coita que sufro por ela non me vale, porque Deus ma fixo morrer, que El se vexa en poder de xudeus como xa outra vez se viu prender!

(1) E todo home que ben quixer unha muller e me ouvir isto e non dixer «amén» nunca vexa pracer de todo canto ama!