(I) Xa eu sempre, mentres estiver viva, vivirei moi coitada porque se foi o meu amigo, e eu errei gravemente nese momento, porque me mostrei sañuda con el cando partía: por Deus, se agora chegase, con el moi leda estaría!
(II) E penso que o tratei inxustamente asañándomelle sen motivo, porque non mo merecera, e foise apenado por iso, porque me mostrei sañuda con el cando partía: por Deus, se agora chegase, con el moi leda estaría!
(III) El certamente pensa isto, que a nosa relación está rota, porque senón viría logo; mais por isto está sañudo contra min, porque me mostrei sañuda con el cando partía: por Deus, se agora chegase, con el moi leda estaría!