(I) Xa houbo un tempo en que eu pensei que Amor non me podería de forma ningunha facer peor do que me facía entón; e agora xa sei del unha cousa: que xa en maior coita me ten por unha dona que non direi (II) mentres eu viva; antes evitarei que mo saiba a miña señora, pois así estarei mellor con ela e dela tanto disto recibirei: en canto non souberen quen é a dona que amo, algunha vez a verei. 

(III) Mais teño moito medo de que me force o seu amor, cando a vir, e non poida afastar os meus ollos dela nin lembrarme de cantos entón me verán, pois sei que todos, para o meu pesar, se esforzarán en saber quen é. 

(IV) E terei que xurar moito para a negar, e mentir, e farei o posíbel por me afastar de quen me quixer preguntar pola miña señora, pois sen dúbida sei que dos que me preguntarán e dos outros me hei de gardar.