(I) Xurábame hoxe o meu amigo, madre, para que lle perdoase, que nunca máis se me asañaría; mais a ese acordo nunca chegará comigo, vede por que: porque el xa cometeu perxurio polas moitas veces que me xurou isto mesmo.

(II) El pensaba que cos seus xuramentos me convencería para que o perdoase, e, como vin que me había de mentir, non llo perdoei e nin sequera llo aceptei, vede por que: porque el xa cometeu perxurio polas moitas veces que me xurou isto mesmo.

(III) E máis de cen veces lle perdoei polos seus xuramentos e encontreime por iso mal, e por isto xa non lle vale nada que me xure, porque me asañei con el, vede por que: porque el xa cometeu perxurio polas moitas veces que me xurou isto mesmo.