(I) Xúrovos eu, miña señora fermosa –así Deus me deixe ter ben de vós, e, se non, que me deixe morrer por vós–, que, desde que nacín, nunca vin dona tan fermosa coma vós nin tan amada por min como eu vos sei amar!
(II) E, xa que vos amo tanto, miña señora, se vos quixerdes, quérovos dicir que coita me facedes sufrir, mais non queredes que eu vos fale diso, e non podo vivir así moito tempo sen que morra moi cedo co pesar (III) tan grande que teño disto, miña señora: de que non me queredes agradecer por vos eu servir nin por vos amar, e dicides de todo canto vos servín que foi unha insensatez, porque tanto perdín niso, aínda que non podo deixar de facer iso (1) nin deixarei, mentres viva, de vos servir, señora, e de vos amar.