(I) Esteamos ledas de hoxe en diante e bailemos, porque chegou (Lanzarote) onda nós e Deus o xuntou connosco, e cantémoslle este lai, porque este escudo é do mellor home que fixo Noso Señor. 
(II) Esteamos ledas con este escudo e cantemos ben, e dancemos ao noso xeito, xa que o temos no noso poder, porque este escudo é do mellor home que fixo Noso Señor.  
(III) Hoxe debemos alegrarnos deste escudo que Deus aquí trouxo, e fagámolo así: esforzarémonos moito en honralo, porque este escudo é do mellor home que fixo Noso Señor.