(I) Levantouse á alba, levantouse a belida, vai lavar os cabelos na fonte fría. Leda dos amores, dos amores leda.
(II) Levantouse á alba, levantouse a louzá, vai lavar os cabelos na fonte fría. Leda dos amores, dos amores leda.
(III) Vai lavar os cabelos na fonte fría; pasou o seu amigo, que a ben quería. Leda dos amores, dos amores leda.
(IV) Vai lavar os cabelos na fonte fría; pasa o seu amigo, que a moito amaba. Leda dos amores, dos amores leda.
(V) Pasa o seu amigo, que a ben quería, o cervo do monte a auga avolvía. Leda dos amores, dos amores leda.
(VI) Pasa o seu amigo, que a moito amaba, o cervo do monte avolvía a auga. Leda dos amores, dos amores leda.