(I) Xograr Lopo, es comellón e estás (sentado) triste cando comes, mais penso que estes dous fastíos calquera chos pode aturar; mais vas rascar no citolón, e logo te pos a cantar, e os fastíos xa son catro.
(II) Come a herba e a fouce e o legón! Ti pensas gañar a vida mediante os fastíos; mais non é xa o tempo de que ninguén chos queira soportar, porque irás un día cantar onde che farán quebrar na cabeza o citolón.