(I) Madre, o que sei que me ama moito e que sempre fixo canto lle mandei –e nunca por isto lle dei galardón, miña nai– vén el e quere xa morrer por min de amor, e, se iso vos prouguer, vede vós en tal situación o que debo facer, (II) porque non pode sobrevivir se non é por min, porque eu o amo, e el, desde que me viu, sempre me serviu canto puido e soubo, mais, dado que lle podo valer en tal coita de morte, así Deus vos perdoe, vede vós en tal situación o que debo facer, (III) porque, se el morrese, madre, abofé, pesaríame canto máis me puidese pesar, pois en todo lugar me serviu sempre canto puido, e, pois vedes como está a situación, vede vós en tal situación o que debo facer.