(I) Madre, dixéronme agora que vén o meu amigo, e oxalá vos pareza ben e non fagades niso outra cousa, pois xa morre por me ver, e a vós, madre, débevos pracer moito se tal home non se perde por min.
(II) Estou leda con este recado que teño do meu amigo, e non o negarei, xa que vén, e agora, porque sei que xa morre por me ver, e a vós, madre, débevos pracer moito se tal home non se perde por min.
(III) Ando moi contenta no meu corazón co meu amigo, e fago gran razón, xa que vén, así Deus me perdoe, pois xa morre por me ver, e a vós, madre, débevos pracer moito se tal home non se perde por min.