(I) Madre, xa que sinto un amor tal que non podo soportar non ver o meu amigo, mándademo ir ver; se non, irei sen mandado velo e sen o voso consentimento. 

(II) A gran coita faime ousada para volo así dicir, e, xa que vivo coitada, mándademo ir ver; se non, irei sen mandado velo e sen o voso consentimento.

(III) E xa que sabedes por min o moito que o eu amo, por todo canto (vós) me queredes, mándademo ir ver; se non, irei sen mandado velo e sen o voso consentimento.