(I) –Madre, quero ir hoxe ver o meu amigo, que se quere ir para Sevilla servir o rei: ai madre, ireino ver!
–Filla, ide e eu irei convosco.
–Farédesme gran pracer, pois non sei cando o volverei ver.
(II) Ben sabe Noso Señor que me pesa, porque se quere ir, e heino ir ver se vos parece, por Deus, miña nai e miña señora!
–Filla, ide e eu irei convosco.
–Madre, farédesme amor niso, pois non sei cando o volverei ver.
(III) A Sevilla se vai de aquí o meu amigo, por cumprir coas súas obrigas, e ireino ver por iso, madre, se vos prouguer ir alí.
–Filla, ide e eu irei convosco.
–Madre, farédesme ben niso, pois non sei cando o volverei ver.