(I) Nai fermosa, vin o meu amigo, non lle falei e púxenme a mal con el, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, nai, de amor por el.
(II) Se eu o ofendín, con moita razón o hei de pagar, pois non lle falei, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, nai, de amor por el.
(III) Nai fermosa, ídelle dicir que faga ben e me veña ver, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, nai, de amor por el.