(I) Puxéronvos maior vixilancia da que adoitaban, señora, e vivo eu máis penado por vós e sufro unha coita maior, de que non espero sobrevivir: señora, se vos gardasen e eu non vos vise, non penso que seguise con vida nin un día máis.
(II) Se vós soubésedes a coita maior que sufro, teriades dó de min, señora, porque eu non podo vivir sen vós: señora, se vos gardasen e eu non vos vise, non penso que seguise con vida nin un día máis.