(I) Máis de mil veces penso eu ao longo do día, cando non podo ver a miña señora, que verdadeiramente lle direi, se a vir, a coita moi grande que me fai sufrir; e, unha vez que a vexo, vede o que me acontece: non lle digo nada do que penso ante a súa fermosura, que me fai esquecer todo canto penso, (II) porque, unha vez que a vexo, non lle digo cousa ningunha de todo o que antes penso que lle hei dicir cando non a teño diante, e, por Deus, moi coitadamente vivo, e, por Deus, que farei? Porque, despois de a ver, penso sempre no seu rostro fermoso e non lembro nada, porque todo o que lle penso dicir me esquece, e dígolle outra cousa.