(I) Máis inxustamente me vén mal (a min) de cantos Deus fixo nacer no mundo: todos gozan de ben por ouvir e por ver e polo seu entendemento e pola conversa; mais a min, miña señora, acontéceme outra cousa, pois por todo isto me vexo eu andar na maior coita que Deus quixo facer.
(II) E antes de que eu vos vise, señora, tan ben ouvín falar de vós, abofé, que non puiden facer outra cousa que non fose vir ao lugar onde vos vise axiña, e o voso amor fíxome desexarvos de tal xeito que non desexo outra cousa senón morrer, (III) pois, se estes meus ollos non visen, nin vos visen a vós cando eu vos fun ver e se eu non non fose quen de comprender o moi gran ben que Deus vos quixo dar a vós, non sufriría por vós, por Deus!, este mal de Amor, que cedo me ha de matar, en cuxo poder vós me metestes.
(1) En mal día me deu Deus coñecemento cando eu vos vin a ollada tan fermosa, pois moito máis me valera non nacer.