(I) Mal aconsellado fun, miña señora, cando vos fun coñecer por primeira vez, porque nunca logo puiden perder a gran coita nin a perderei xa mentres eu viva: (oxalá) non vos vise eu a vós nin a quen mo aconsellou, nin vise aquel que me vos mostrou, nin vise o día en que vos fun ver, (II) porque desde entón me fixo o voso amor vivir na moi gran coita en que vivo; e por non ma deixar esquecer e ma facer cada día peor, faime, señora, sempre en vós pensar, e faime a Deus rogar pola miña morte, e faivos a vós facerme a min gran mal.
(III) E quen se fixo meu conselleiro para que vise a vosa moi bela figura, por canto eu podo entender de vós, desexaba a miña morte e o meu mal; e, infelizmente, eu non morro por iso, nin morro porque fose ben para min, nin morro porque quixese morrer (IV) e porque me fose moito mellor a morte que sufrir máis esta coita, pois de nada me vale dicírvola, nin outro vos fai coñecedora dela por min, nin me vale de nada queixarme así por iso, nin me vale de nada a coita que por vós sufrín, nin me vale Deus, nin eu me podo a min valer.
(1) Mais, mentres eu vivo for, sempre me hei queixar de vós e de Amor, pois outra decisión non podo tomar nesta circunstancia.