(I) Maltratádesme, ai filla, porque quero ter amigo, e, xa que eu, con temor de vós, non o teño nin está comigo, non teñades a miña graza, e déavos Deus, ai miña filla, filla que vos así faga, filla que vos así faga.
(II) Sabedes que sen amigo nunca houbo muller feliz, e, porque non mo deixades ter, miña filla fermosa, non teñades a miña graza, e déavos Deus, ai miña filla, filla que vos así faga, filla que vos así faga.
(III) Xa que eu non teño comigo o meu amigo, non teño nada do que desexo, mais, xa que é culpa vosa, miña filla, que non o vexo, non teñades a miña graza, e déavos Deus, ai miña filla, filla que vos así faga, filla que vos así faga.
(IV) Por vós perdín o meu amigo, por quen sufro gran coita, e porque vós mo prohibistes e son máis fermosa ca vós, non teñades a miña graza, e déavos Deus, ai miña filla, filla que vos así faga, filla que vos así faga.